sábado, 3 de marzo de 2018

"Arte e Garabato"

********ESTO NO ES UN PARAGUAS********
Falamos de unha instalación artística colectiva, feita o pasado luns polas familias e alumn@s da actividade extraescolar "Arte e Garabato" no patio do noso Cole, inspirada no universo do pintor surrealista belga René Magritte. Emprégase o paraugas como obxecto cotidiano que fai referencia á súa obra, como un soporte que se transforma logo, invertindo a súa posición e cambiando seu contexto habitual, anulando a identidade inicial. Unha nova ollada xurde asi no espectador, unha nova percepción da realidade.
Magritte concebía unha pintura coa participación activa de quen a percibía: "el arte de pintar es el arte de pensar" Experiencias lúdicas nas aprendizaxes, que liberan pensamento e imaxinación, que convidan a ollar con especial atención ao mundo que nos rodea, empregando novos soportes e familiarizándonos con linguaxes artísticos contemporáneos. Unha vez máis, se cumple: na Arte, todo é posible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!