xoves, 18 de maio de 2017

CLASES NO EXTERIOR

Hoxe é un día especial: temos que aprender a valorar as cousiñas importantes de verdade, as que están sempre ao noso carón e non vemos con "ollos de ben mirar"! No noso Cole a cuarta aula é o Patio,un espazo cheo de recursos e posibilidades que curso tras curso imos aumentanto e intentando mellorar. Máis que visible é o cambio estético e pedagóxico que experimentóu nestes cursos,có pulo dos proxectos de Voz Natura e tamén como parte de un Proxecto de Centro que aposta por unha nova sensibilidade. Por todos estes motivos, non podíamos deixar pasar un día como o de hoxe sen sumarnos a esta iniciativa que visibiliza,si, pero serve tamén para que non esquezamos o valor das cousas importantes...
Os coelliños, nada más chegar ao patio,foron a darlles apertas as árbores e a dicirlles "cousas bonitas": grazas por ser a casiña dos paxariños, dos gorilas, por darnos froita e sombra, por dar madeira...
Tamén tocóu visitiña á Horta para recoller manzanilla e logo facer infusións. Ummh qué rica! E logo na aula das Rás fixemos a sesión de Biblioteca no Patio: cada quen de nos, baixóu un libro para contarlle a un compañeiro/a e logo ao revés...qué chulada! acordado por maioría repetir moooitas veces, non só cando veñan os nosos padriños e madriñas lectores!
Os maiores do Cole, as Abelliñas,sumáronse á iniciativa de cheo! atención ao que nos van contar!

2 comentarios:

  1. Encantanme as apertas as árbores, dan moita paz, garzas por sumaros a esta iniciativa tan lúdica coma educativa, unha aperta para vos

    ResponderEliminar

Deixa un comentario, graciñas!