mércores, 15 de marzo de 2017

Unha guitarra de refugallo moi especial.

Cantas cousas de música e instrumentos estamos aprendendo os coelliños, grazas a Clodomiro, un porquiño músico que é amigo de Puntillas. Sabe tocar todos os instrumentos e deixounos unha caixa chea deles para que exploremos, toquemos e fagamos festa. 

Pero quixo quedarse coa guitarra porque é o seu instrumento preferido. Por iso, mandóunos un correo con fotos de internet, para poder facer unha con material de refugallo. E mirade que ven nos quedou o como o pasamos nos concertos que dimos, para probalas. Músicos.... de primeira!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!