venres, 17 de febreiro de 2017

Investigando as prantas

E Antón adicóuse ao mundo das prantas, coa tarea proposta moooi ben traballada: tamén fixo na casa o experimento que estamos a traballar na aula e hoxe xa acordamos as primeiras conclusións:
1ª Cando as prantas non teñen luz dabondo a cor verde que amosan é moito máis feble. A causa? Pois ante a pista da "clorofila" e logo de facer unha comparativa cós chicles dese sabor...xa sabemos que son una "familia" de pigmentos de cor verde que teñen moito que ver coa luz solar.Tamén do proceso da fotosíntese como transformador de enerxías. 2ª Non regar unha pranta impide o crecemento das sementes, ou ben o fan de maneira moi feble; do mesmo xeito, un exceso de rego pode provocar tamén efectos negativos. 3ª A mellor maneira de ter condicións axeitadas para unha pranta: a nosa hipótese é que debe ter luz solar, auga e coidados. Podemos seguir investigando introducindo outras variables: regar con limón (chuvia ácida), auga con café (nutrientes engadidos), auga morna de duas fontes distintas e durante uns 8-10 días (quentada no microondas ou da billa, por exemplo),etc E a seguinte proposta é recuperar as prantas dos nosos experimentos que sufriron carencias para que podan ter un crecemento axeitado, aportando luz e auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!