mércores, 8 de febreiro de 2017

Cortizas veñen e van...

E o que é xa un gran proxecto colaborativo forma parte, en todas as nosas sesións de traballo,en todas as aulas, de "momentiños extras" para ir engadindo pouco a pouco unha ducia, ou sesenta e tres, ou duas decenas...de momento coloreamos, contamos e falamos con curiosidade de cantos se precisarán (cen? máis de cen? mil?!) para facer esa cortina que ten (ou pretende ter) unha función predeterminada: imos comprobar se impide ou non que as ventiscas leven polo aire o que temos posto no Recunchiño de Voz Natura!
Xa queda menos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!