xoves, 16 de febreiro de 2017

Animaliños e Maxia

Na aula dos coelliños estivemos traballando ao redor dos animaliños que cada un de nós ten na casa (coelliños,cans, gatos e peixes con enooorme maioría de gatos) e tamén falamos dos que temos no Cole: moitos paxariños e rás!
Pero había quen pensaba que "diso nada,monada" que a nosa "charca cabaza" tiña auga e prantas pero nadiña de rás...e mirade o importante que é crer na maxia: Cando rematamos a xornada de hoxe, a mami de Cíes, Pili, achéganos unha foto chuuuulísima que vos deixamos aqui. Grazas!
E tamén estivemos a falar dos animáis da selva, tan diferentes, e de unha amiga das profes que se chama Su e vai vir ao noso Cole para contarnos como podemos axudarlles reciclando os móbiles que xa non sirvan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!