martes, 17 de xaneiro de 2017

Experimentos

As Abelliñas están inmersas no Proxecto dos Experimentos: así que imos facer un moi interesante que ten que ver coa natureza e as prantas: imos prantar en tres vasiños reutilizados de iogur lentellas en terra, o mesmo na nosa casa que no cole:
* ao nº 1 vai ter luz e auga
* o nº 2 vai ser regado, pero non lle vai dar o sol (taparémolo)
*e o nº 3 vai ter luz do sol, pero non o imos regar
Preparamos entón as etiquetas para facelo na casa
Pode ser moooi interesante: imos estar moi alerta para ver a qué hipóteses nos leva este experimento!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!