luns, 28 de novembro de 2016

A Horta das 7 Lúas

A nosa hortiña estaba desexando visitas! as rás xa estiveron a prantar acelgas pero as abelliñas aínda non se estrearan...e hoxe, pese a que tivemos que botar unha carreira (e unhas risas) cando a chuvia aparecéu de súpeto, xa prantamos sementes de espinacas, grelos e cebolas: a ver se van adiante! Fixemos tres equipos: Equipo Cebola, Equipo Grelo e Equipo Espinaca; cada un deles estivo a manipular e observar as sementes para facer logo etiquetas e logo prantar ben na terra. Non fixo falta regar, eso sí!! E as etiquetas quedaron ben riquiñas tamén, non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!