mércores, 21 de setembro de 2016

Abellas e Golfiños

As Abelliñas xa elexiron o primeiro proxecto de aula deste curso: os Golfiños!! E andivemos a argallar na primeira sesión deste curso de qué xeito poderíamos aportar unha ollada "Voz Natura" ao asunto... as mans non paraban de xurdir! pero por goleada consensuamos que a contaminación do mar era tema prioritario. Lembraron o "Prestige"e moitas outras cousas que xa se traballaran, pero con ganas de profundizar no tema e acordamos buscar información para comezar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!