domingo, 5 de xuño de 2016

Sempre é 5 de xuño!

Somos o problema...e tamén somos a solución! Pero de entrada temos que ter a certeza de que estamos ante unha crise medioambiental sen precedentes. O eixo da conmemoración deste ano 2016 é o tráfico ilegal de especies (fauna e flora), que leva a miles de elas ao borde do colapso. Pero temos máis retos: vertedoiros clandestinos, escasez de auga, verquidos sen control, talas masivas, sobrepesca...
Para fomentar a sensibilización mundial sobre o tema e promover a atención e acción política ao respecto hoxe, 5 de XUÑO, celebramos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE , pero non podemos esquecer que é un traballo de cada día e de cada persoa, sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!