martes, 21 de xuño de 2016

Leire "bombeira forestal" e... nai de Cosme!!!

Leire, a nai de Cosme, estivo na nosa escola para falarnos dos incendios forestais. Estamos nunhas datas nas que son moi frecuentes e quixo prepararnos para que saibamos como axudar a natureza nestes casos. Aprendemos como se poden producir os incendios e que temos que ter coidado cando fagamos lume. Ensinounos como traballan os bombeiros forestais para apagalos, como van vestidos e que empregan. E moitas formas de axudar a que non haxa incendios ou estinguilos ben.
Veu ao cole chea de fotos e materiais propios do seu traballo, que nos probamos e gustáronnos moito. Estabamos moi guapos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!