martes, 1 de marzo de 2016

"MartesChef VI": Mandalas de Froitas



Hoxe os Coelliños tiveron unha sesión de Mandalas moi dixestiva : seica as Mandalas axudan a relaxarnos e concentrarnos, así que imos ver se funciona!
Primeiro de todo: coidar a hixiene e lavar mooooi ben as mans (algún metéunas logo no boca e tivo que repetir),porque logo toca manipular e preparar as froitas para traballar a continuación con elas.


Primeiro falamos da simetría e os dous primeiros grupos puxéronse a argallar o asunto, mentras os outros dous preparaban parte das froitas. Logo tamén eles fixeron as súas mandalas. E o resultado non estivo naaada mal,non vos parece? catro mandalas moi diferentes e larpeiras, que logo no recreo compartiron con todos os peques do Cole!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!