martes, 9 de decembro de 2014

Escola de Familias e Horta Ecolóxica

Hoxe tivemos a gran sorte de contar no Cole coa visita de Juan ("Impórtanos"), Laura ("Amigos da Terra") e Belén Fervenza, que nos fixo a presentación dos fundamentos para por en marcha o Proxecto da Horta Ecolóxica ! Foi para todos e todas os que alí estivemos unha experiencia da que saímos enchidos de ánimo e coas ilusións renovadas: é posible. Como dixo Belén, con ganas se poden facer moitas cousas... E para todas as persoas que compartimos ese principio, é unha responsabilidade transmitirlle aos peques a importancia de coñecer o ciclo da vida, de formar parte activa nel, de valorar e disfrutar dunha alimentación sana,do respecto ao medio que tanto nos ofrece, de tantas e tantas cousas!! Logo da súa exposición e do posterior momento de preguntas, dudas,etc baixamos para ver o lugar no que se vai preparar: medir, decidir cultivos, rego, bancáis...en xaneiro a tope! E Laura tamén nos lembróu que en xaneiro imos facer, coa Comunidade de Montes de Teis, plantación de árbores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!