luns, 29 de setembro de 2014

COS PÉS NA TERRA ...E A MIRADA NAS ESTRELAS!!!

Comezamos novo Curso e Proxecto : "Cos Pés na Terra", sempre, coa mirada nas estrelas, sen dúbida e co noso corazón ben quentiño...tamén.
Porque en toda aprendizaxe, máis se leva a verde por cor, as emocións que se remenxen e sementan, son sempre un axeitado abono para os coñecementos que imos traballar. Non si?
Cos Coelliños, que están a traballar xa a tope no Proxecto de aula "Os Planetas" estivemos a falar hai uns días do triste que estaba o noso, a Terra...xa sabiamos dende o pasado curso que o mares e ríos non estaban o limpos que deberían; pero non que  "a parte que non é azul" (montañas, bosques, parques...) tampouco!! Qué tristura!
Hoxe, para subir os ánimos, os nosos amigos "Pitín e Pitina" nos estiveron a dar pistas de moitas cousas que podíamos facer: non malgastar a auga, coidar as plantas e as árbores, reciclar e reutilizar, non prender luces cando non sexa preciso,etc.
Son moitas as cousas que imos aprender , poquiño a pouco , para facer que o noso planeta e todos os seres vivos que nel vivimos, non nos sintamos tristes.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage made with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa un comentario, graciñas!