xoves, 28 de marzo de 2024

Visita de Jacobo (Amigas da Terra)

 O 12 de marzo, Jacobo visitou a nosa escola para preparar coas crianzas un pequeno bancal con bordo  vexetal, de abeleira e salgueiro; no que plantar aromáticas con verduras ao estilo horta medieval. Tamén plantamos plantas aromáticas na espiral que preparamos no primeiro trimestre coa colaboración das familias.














De follas, peixes... e máis

" Es la historia de una hoja, que cuando llueve se moja. Llueve y se moja. Llueve y se moja. Llueve y se moja.

¡Como se moje otra vez, se va a convertir en PEZ! "

As nenas e nenos da aula de cinco anos recolleron follas do noso patio para despois observar e escribir o nome da árbore correspondente. 

As crianzas da aula das flores completaron esta labor de clasificación, acompañando cada unha das follas coa imaxe dun peixe, facendo alusión ao poema que estamos a traballar na aula "Historia de una hoja" (Versos vegetales; Antonio Rubio)












luns, 29 de xaneiro de 2024

Os planetas, con Eric e Laura

 A pasada semana tivemos unha sesión interesantísima con Eric e Laura, na que descubrimos moitísimas cousas sobre os planetas. Graciñas mil!!






sábado, 27 de xaneiro de 2024

Tempo de colleita

A horta das "Sete Lúas" comeza a dar os seus froitos. Durante as últimas semanas do mes de xaneiro, nas tres aulas da escola, estivemos preparando ricas ensaladas coa leituga que recollemos na horta.